luns, 25 de febreiro de 2019



O Departamento de Orientación do CEIP Chano Piñeiro está formado, para este curso 2018/2019, por unha orientadora a tempo completo, por unha especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT); e por unha especialista en Audición e Linguaxe (AL) ambas a tempo completo.
Neste espazo subiremos diferentes materiais, actividades ou boletíns que resultarán, de seguro, do voso interese.

Pautas educativas básicas: No seguinte boletín aparecen unha serie de pautas básicas para levar a cabo nos fogares.
Pautas para estimular a linguaxe: Neste boletín encontraredes pautas e actividades do día para estimular a linguaxe dos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e 7 anos.
Pautas para desenvolver a autoestima: No seguinte díptico explícase o concepto de autoestima, os seus compoñentes e como se desenvolve nos nenos e nenas.